Sunday 05 de May de 2024

O Concello mellora o firme do Paseo da Dársena e do Parrote despois de oito anos sen un mantemento integral


A alcaldesa, Inés Rey, sinalou que este asfaltado era “unha vella demanda do transporte público e a veciñanza da zona” xa que amosaba signos evidentes “de gran deterioración”
O Concello, a través do Servizo de Infraestruturas, comezou a noite do domingo a asfaltar o Paseo da Dársena nun proxecto integral de saneamento que comprende tanto esta vía como o Paseo do Parrote.
Concretamente, intervirase no firme do tramo comprendido entre Porta Real e Ánimas.
A alcaldesa da cidade, Inés Rey, sinalou que esta actuación era xa “unha vella demanda do transporte público e a veciñanza da zona” xa que “desde hai oito anos non se realiza un saneamento integral nesta vía, máis alá de tapar as fochas ocasionalmente”. A estrada, apuntou Rey, amosaba signos evidentes “de gran deterioración”.
Desde o Servizo de Infraestruturas explican que nesta actuación, que se executa a través do contrato municipal de reparación de calzadas, elevarase a zona asfaltada para crear unha plataforma única e eliminar así os problemas de accesibilidade que presentan as beirarrúas nalgúns tramos.